Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2017 Páx. 43550

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 14 de setembro de 2017 pola que se modifica a Orde do 19 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

BDNS (Identif.): 357959.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Prazo de presentación de solicitudes

1. O prazo para a presentación das solicitudes das axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación desta orde rematará o 30 de setembro de 2017.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria