Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2017 Páx. 43716

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (236/2016 M).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 236/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rodrigo Rey Gándara contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Fogasa sobre ordinario, cuxa parte dispositiva, é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Dispoño: ter por desistido a Rodrigo Rey Gándara da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza