Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2017 Páx. 43786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a licitación do servizo loxístico de transporte e distribución de medicamentos, historias clínicas e outras mercadorías dentro dos hospitais pertencentes a esta xerencia (expediente AB-EIP1-17-016).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: avenida de Vigo, 16.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra, 36003.

4º. Teléfono: 986 88 51 33.

5º. Telefax: 986 88 58 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-17-016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: servizo loxístico de transporte e distribución de medicamentos, produtos farmacéuticos, fluidoterapia, material de esterilización, historias clínicas e outras mecadorias. Todo iso comprendido dentro dos edificios do Hospital Montecelo, Provincial e O Salnés, pertencentes na actualidade a EOXIPS.

c) División por lotes e número de lotes: único.

d) Lugar de entrega: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

1º. Domicilio: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

2º. Localidade e código postal: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia da nomenclatura): 63000000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación:

• Organización do servizo: ata 20 puntos.

• Oferta económica: ata 80 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 494.903,95 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 224.956,34 €.

b) Importe total: 272.197,18 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe da adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos especificos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso:

• Solvencia económica e financeira. Criterio: abondará que nun dos tres últimos exercicios se supere a contía (excluído o IVE) de 224.956,34 €.

• Solvencia técnica ou profesional. Criterio: o licitador considerarase solvente coa presentación de polo menos un traballo ou servizo de igual o similar natureza dos que constituen o obxecto do contrato e cuxos importes superen a contía (excluído o IVE) de 112.478,17 €.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: 9.10.2017.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2º. Enderezo: rúa Loureiro Crespo, 2.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra, 36001.

4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es.

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C e darase lectura das propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: publicarase no perfil do contratante.

d) Data e hora: a data e a hora da realización da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (ver o prego de cláusulas administrativas particulares).

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 31.8.2017.

Pontevedra, 31 de agosto de 2017

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés