1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.
2º. Enderezo: avenida de Vigo, 16.
3º. Localidade e código postal: Pontevedra, 36003.
4º. Teléfono: 986 88 51 33.
5º. Telefax: 986 88 58 85.
6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es.
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.
8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.
d) Número de expediente: AB-EIP1-17-009.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: servizo de mantemento integral dos sistemas de alimentación ininterrompida (SAI) situados no Hospital Montecelo, no Hospital Provincial e no Centro de Especialidades de Mollavao, centros pertencentes á EOXIPS.
c) División por lotes e número de lotes: lote único.
d) Lugar de ejecución: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
1º. Domicilio: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
2º. Localidade e código postal: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo de execución: 24 meses.
f) Admisión de prórroga: si.
g) CPV (referencia da nomenclatura): 50532300-6.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, multicriterio e contratación documentalmente simplificada.
c) Criterios de adxudicación:
• Medios, organización e innovación: ata 50 puntos.
• Oferta económica: ata 50 puntos.
4. Valor estimado do contrato: 136.000 €.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 68.000 €.
b) Importe total: 82.280 €.
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva (%): cinco por cento do importe da adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.
7. Requisitos especificos do contratista:
a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso:
• Solvencia económica e financeira. Criterio: abondará que nun dos tres últimos exercicios se supere a contía anual de 204.000 € (sen incluír o IVE).
• Solvencia técnica ou profesional. Criterio: o licitador considerarase solvente coa presentación de, polo menos, tres traballos ou servizos de igual ou similar natureza dos que constitúen o obxecto do contrato e cuxo importe individual supere 34.000 € (sen incluír o IVE).
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en festivo, rematará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.
b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.
2º. Enderezo: rúa Loureiro Crespo, 2.
3º. Localidade e código postal: Pontevedra, 36001.
4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es.
d) Admisión de variantes, se procede: non.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Apertura das ofertas:
a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C e darase lectura das propostas.
b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.
c) Localidade e código postal: publicarase no perfil do contratante.
d) Data e hora: a data e a hora da realización da apertura do sobre B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es.
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (ver o prego de cláusulas administrativas particulares).
Pontevedra, 8 de agosto de 2017
José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés