Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2017 Páx. 43769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2017 pola que se fai pública a declaración de deserto do procedemento aberto, multicriterio, convocado para a selección de oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario con destino ao desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión da lonxa no porto da Guarda.

Mediante Resolución do 13 de setembro de 2017, o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 6.3.g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública Portos de Galicia, no artigo 9.h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da entidade pública, e sobre a base do disposto no segundo parágrafo do artigo 151.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e na proposta formulada pola mesa de contratación, na súa xuntanza do 12 de setembro de 2017, resolveu declarar deserto o procedemento aberto, publicado no DOG número 100, do 29 de maio de 2017, para a selección de oferta para a tramitación da concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario con destino ao desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión da lonxa no porto da Guarda, por falta de licitadores admitidos, ao resultar inadmitida a única oferta presentada.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, ou potestativamente, recurso de reposición perante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente resolución (artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 45 da Lei 39/2015.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia