De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de ser intentada sen éxito a notificación obxecto deste anuncio a José Luis Sobrado Seoane na forma prevista nos artigos 41 e 42 do citado texto legal, procédese a publicar indicación do dito acto administrativo, por entender que a súa publicación íntegra podería lesionar dereitos e intereses lexítimos.
O interesado que se cita, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer para o coñecemento íntegro da dita resolución no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na rúa Madrid, 2-4, 2º, As Fontiñas, Santiago de Compostela. A comparecencia efectuarase en horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres.
A notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da comparecencia ou, transcorrido o prazo sen que esta se efectuase, desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Contra a resolución que se notifica, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, ou ben recurso potestativo de reposición ante este mesmo centro directivo no prazo dun mes.
Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2017
Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza
ANEXO
Acto de notificación: resolución da Dirección Xeral de Xustiza.
Data da resolución: 21 de xullo de 2017.
Interesado: José Luis Sobrado Seoane.
Último enderezo coñecido: avenida da Concordia, 14, 3º dereita, 15009, A Coruña.