Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2017 Páx. 43497

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 12 de setembro de 2017 pola que se notifica resolución de desafiuzamento administrativo do departamento para usuarios número 7 do porto de Vilaxoán.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Luasal, C.B., mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, resolución de desafiuzamento administrativo do departamento para usuarios número 7 do porto de Vilaxoán, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Segundo informe da Xefatura da Zona Sur, que intentou notificar ata en dúas ocasións ordes de desaloxo, o departamento está ocupado sen autorización, unha vez vencida e non renovada a autorización de que dispuña, sen que sexa posible outorgar nova autorización dada a existencia de débedas en concepto de taxas portuarias.

Por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, no Boletín Oficial del Estado número 146, do 20 de xuño de 2017, publícase cédula pola que se notifica requirimento previo ao desafiuzamento que outorgaba un prazo máximo de 10 días hábiles para proceder ao desaloxo voluntario, sen que o dito requirimento fose obxecto de cumprimento, e sen que exista tampouco constancia da formulación de alegacións por parte do interesado.

O presente acto administrativo que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia, de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, emítese en aplicación do artigo 113 desa lei, do artigo 103 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o Regulamento da entidade pública Portos de Galicia.

O departamento deberá de ser abandonado nun prazo máximo de 10 días contados desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves ao persoal de Portos de Galicia.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Transcorrido o prazo máximo de 10 días para proceder ao desaloxo voluntario, por tratarse dunha autorización extinguida, e ao abeiro do establecido no artigo 100 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, Portos de Galicia suspenderá sen máis trámites a subministración de auga e de enerxía eléctrica.

Ao abeiro do establecido nos artigos 103 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e 125 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución do desafiuzamento empregarase, de ser preciso, o auxilio das forzas e corpos da seguridade do Estado.

Contra o presente acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula perante, á elección do interesado, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquel o seu domicilio ou o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia