Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43084

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 182/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 182/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Begoña García Melchor contra Mami Plus, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, ditáronse as seguintes resolucións:

«Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Begoña García Melchor, fronte a Mami Plus, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, parte executada, por importe de 2.977,70 euros en concepto de principal (2.174,87 euros de salarios máis 551,17 euros de xuros do artigo 29.3 ET e 232,54 euros de indemnización máis 19,12 euros de xuros do artigo 1.108 CC), máis outros 297,77 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución».

«Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Mami Plus, S.L. co fin de que no prazo de 10 días aboe a cantidade de 2.977,70 euros en concepto de principal (2.174,87 euros de salarios máis 551,17 euros de xuros do artigo 29.3 ET e 232,54 euros de indemnización máis 19,12 euros de xuros do artigo 1.108 CC), máis outros 297,77 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número expediente xudicial 1589 0000 64 0182 17), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Mami Plus, S.L., co fin de que no prazo de 10 días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mami Plus, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza