Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre constitucións e disolucións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e para coñecemento xeral, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación constituídas e disoltas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería, Agricultura, Gandería e de Montes, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia.

A) Constitucións.

a) A Sociedade Agraria de Transformación Horta Natural A Ribeira, SAT nº 1433 XUGA, de responsabilidade limitada e duración indefinida, con domicilio social na Ribeira (Vilapol), Lourenzá (Lugo). Obxecto social: explotación de invernadoiros de plantas de horta. Capital social: 3.100 euros, representados por 3.100 títulos nominativos de 1 euro cada un deles. Número de socios: 4. Xunta rectora integrada por: Manuel Rodríguez García, presidente; Josefa Fraga López, secretaria; José Luis Piñeiro Reja e María Luisa González García, vogais.

B) Disolucións.

a) A Sociedade Agraria de Transformación Caminero, SAT nº 1035 XUGA, na asemblea xeral do 30 de xuño de 2017, tomou o acordo de disolver a SAT e nomear a comisión liquidadora.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Xoios, SAT nº 1041 XUGA, na asemblea xeral do 3 de marzo de 2017, tomou o acordo de disolver a SAT e nomear a comisión liquidadora.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2017

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias