Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de setembro de 2017, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas físicas ou xurídicas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de danos en materia de estradas coas claves e cos datos que se nomean na epígrafe de arquivos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica en expediente sancionador en materia de estradas (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia), logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida a persoa destinataria ou porque, unha vez intentada, non se puido efectuar a notificación.

Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, as persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda 43-1º, edificio administrativo, 36003 Pontevedra) se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén o ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 12 de setembro de 2017

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Estrada

RD/PO-134/2016

Manuel A. Montenegro González

Resolución de expediente

PO-324 (Ponte Lagares-Canido)

RD/PO-025/2017

Carmen Moscoso Brey

Incoación de expediente

VG-4.4 (Lourizán-Ardán)

RD/PO-027/2017

Áurea Moure Meira

Incoación de expediente

PO-308 (Pontevedra-A Lanzada)

RD/PO-031/2017

María Consuelo Paz Fernández

Incoación de expediente

PO-308 (Pontevedra-A Lanzada