Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2017 Páx. 42957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo, suxeito a regulación harmonizada, do servizo para asesoramento e colaboración na xestión do canon da auga e do coeficiente de vertedura.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.988.385.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia, a través de http://www.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, e a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: asesoramento e colaboración con Augas de Galicia na xestión do canon da auga e do coeficiente de vertedura.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 79411000-8.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S57, do 22 de marzo; Diario Oficial de Galicia núm. 59, do 24 de marzo, e Boletín Oficial del Estado núm. 73, do 27 de marzo de 2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 1.685.622,14 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 842.811,07 euros. Importe total: 1.019.801,39 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 3 de agosto de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 31 de agosto de 2017.

c) Contratista: Adantia, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 712.000 euros. Importe total: 861.520 euros.

e) Vantaxes da oferta da adxudicataria: a proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución de 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia