Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2017 Páx. 42945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 23 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación dunha resolución do expediente tramitado por esta entidade 2013/201-36.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa que a seguir se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente desta xefatura territorial.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal 8-1º andar, 36201 Vigo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables e das 9.00 ás 14.00 horas.

Vigo, 23 de agosto de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2013/201-36.

Interesada: Patricia Gondar González.

DNI: 53116800W.

Acto que se notifica: resolución administrativa do 4 de xullo de 2017.

Efectos xurídicos: mantemento e revisión das medidas administrativas.