1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Oza-Cesuras.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Domicilio: Lois, nº 33, Oza.
d) Localidade e código postal: Oza-Cesuras (15388).
e) Teléfono: 981 79 20 00.
f) Fax: 981 79 20 25.
g) Correo electrónico: correo@concellodeozacesuras.es
h) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://ozadosrios.sedelectronica.es/contractor-profile-list
i) Data límite de obtención de documentación e información: ata tres (3) días antes do fin de prazo de presentación de solicitudes de participación.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: redacción do Plan xeral de ordenación municipal de Oza-Cesuras.
c) Lugar de execución: termo municipal de Oza-Cesuras.
d) Prazo de execución: 35 meses, contados desde o día da sinatura do correspondente documento administrativo. En calquera caso, os traballos deberán estar concluídos e entregados ao concello antes do 1 de novembro de 2020, por exixencias do convenio interadministrativo asinado coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
e) Admisión de prórroga: o contrato non se poderá prorrogar, en principio, toda vez que da cláusula terceira en relación coa novena do convenio interadministrativo asinado coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio se desprende que a data límite de presentación das xustificacións do gasto remata o 30 de novembro de 2020, agás que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e este concello acorde unha prórroga do prazo de xustificación concedido ao concello no convenio asinado o 8 de maio de 2017, caso en que se poderá prorrogar ata o tempo da dita prórroga sen que, en ningún caso, poida superar o prazo de catro anos.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: odinaria.
b) Procedemento: restrinxido.
c) Forma: multiplicidade de criterios de adxudicación.
d) Criterios obxectivos para a selección dos participantes: os establecidos na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula 19 do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato: 138.024,00 euros (sen IVE); 167.009,04 euros (IVE incluído).
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 138.024,00 euros. Importe total: 167.009,04 euros.
6. Garantías:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non exixible; só para acreditar a solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase a cláusula 10.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: dez días contados desde a última publicación no BOP da Coruña ou no DOG do anuncio a que se refire a cláusula 9.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Modalidade de presentación: presencial, por correo ou mensaxaría.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: Concello de Oza-Cesuras.
2. Domicilio: Lois, nº 33, Oza.
3. Localidade e código postal: Oza-Cesuras, 15388.
d) Número previsto de empresas que se pretenden invitar para presentaren ofertas (procedemento restrinxido): o número mínimo de empresas que se van seleccionar, de entre as que presentaron solicitude de participación, será cinco e o máximo dez. Non obstante, de acordo co previsto no artigo 165.2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, cando o número de candidatos que cumpran os criterios de selección sexa inferior a ese número mínimo, o órgano de contratación poderá continuar o procedemento cos que reúnan as condicións exixidas, sen que se poidan convidar empresarios que non solicitasen participar nel, ou candidatos que non posúan esas condicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Concello de Oza-Cesuras.
b) Domicilio: Lois, nº 33, Oza.
c) Localidade: Oza-Cesuras.
d) Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: será por conta do adxudicatario.
11. Portal informático ou páxina web onde se poden obter os pregos: perfil do contratante da páxina web do concello (www.concellodeozacesuras.es)
Oza-Cesuras, 30 de agosto de 2017
José Pablo González Cacheiro
Alcalde