Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2017 Páx. 42966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2017 pola que se anuncia a contratación, mediante o procedemento aberto por lotes e documentalmente simplificado, dun servizo de verificación das condicións de subvencionalidade do artigo 125 do Regulamento (UE) 1303/2013, nos proxectos comprendidos no marco do programa operativo Interreg Europa. Contratación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 85 %.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Innovación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Áreas de Programas (lotes I e II) e de Centros (lote III).

c) Datos xerais para a obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Programas.

2º. Enderezo: rúa Airas Nunes, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

4º. Teléfono: 981 99 91 69.

5º. Enderezo de correo electrónico: programas.gain@xunta.es.

6º. Calquera outra información ou consulta poderá obterse mediante correo electrónico remitido aos seguintes enderezos:

• Para cuestións relacionadas coas cláusulas administrativas: xestion.gain@xunta.es.

• Para cuestións relacionadas coas prescricións técnicas: programas.gain@xunta.es.

7º. Perfil do contratante: http://gain.xunta.es/artigos/50/perfil+do+contratante.

8º. Poden obterse os pregos na páxina da Plataforma de contratos públicos de Galicia:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=231&OR=231

9º. Data límite de obtención de documentación e información: segundo se indica na cláusula 6.1.2 do prego de cláusulas administrativas, os licitadores, de acordo co establecido no artigo 158.2 do TRLCSP e no número 2 do artigo 22, da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, poderán solicitar as aclaracións que sobre o contido dos pregos consideren pertinentes, cunha antelación mínima de dez días naturais antes do fin do prazo de presentación das ofertas, ao enderezo de correo electrónico sinalado na portada, e a Administración deberá facilitar a información, polo menos, seis días antes da data límite fixada para a recepción das ofertas. As respostas serán vinculantes para o órgano de contratación e publicaranse na Plataforma de contratos públicos de Galicia.

d) Número de expediente: 2017/14.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: a necesidade administrativa que se vai satisfacer é a contratación dun auditor externo como controlador de primeiro nivel para os proxectos aprobados no marco do programa operativo Interreg Europa. O controlador de primeiro nivel deberá levar a cabo os traballos de verificación administrativa e sobre o terreo, previstos no artigo 125 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013.

c) División por lotes: si. A división en lotes responde a unha división por proxecto.

Os proxectos para os cales se contratará o controlador de primeiro nivel, son os seguintes:

• Lote I: Exchange of experiences in monitoring mechanisms, indicators and methologies addressed to improvement in the delivery of policies and instruments in the framework of regional RIS3 across regions (MonitoRIS3).

• Lote II: Mainstreaming Responsible Innovation in European S3 (MARIE).

• Lote III: Design for Innovation (Desing4Innovation).

d) Lugar de entrega ou prestación: a empresa contratista estará obrigada a executar o contrato nas súas propias dependencias ou instalacións, sen prexuízo das posibles reunións que se poidan fixar entre ambas as dúas partes contratantes co motivo do correcto seguimento da execución do contrato.

e) Prazo de execución/entrega: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato ata o 31.12.2021, que é a data fin do período de subvencionalidade.

Non obstante o anterior, no caso de que o dito período de subvencionalidade sexa ampliado, o servizo contratado poderá ver igualmente ampliado o seu prazo de execución para adaptarse á realidade dos proxectos. Esta ampliación non se considerará prórroga do contrato, no senso do TRLCSP, e non implicará incremento ningún do prezo do dito contrato.

f) Prazos de execución parciais: dous meses para a realización de cada unha das auditorías de cada un dos lotes, que se contarán desde o primeiro día de cada semestre correspondente ao período de execución do proxecto.

g) Admisión de prórroga: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 792120003.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, por lotes e documentalmente simplificado.

c) Criterios de adxudicación: os sinalados na alínea A do cadro de criterios de adxudicación do contrato, incluído no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 20.330,59 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación: 20.330,59 € (sen IVE).

Importe total (IVE incluído): 24.600 €.

a) Financiamento:

– Financiamento GAIN: 3.690 € (IVE incluído).

– Financiamento Feder: 20.910 € (IVE incluído).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non procede.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira, e técnica e profesional: á vista do disposto no artigo 11.5 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, relativo á determinación dos criterios de selección das empresas, modificado polo Real decreto 773/2015, do 28 de agosto, polo que se modifican determinados preceptos do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, «(...) Salvo que nos pregos do contrato se estableza de modo expreso a súa exixencia, os licitadores ou candidatos estarán exentos dos requisitos de acreditación da solvencia económica e financeira e de acreditación da solvencia técnica e profesional para os contratos de obras cuxo valor estimado non exceda os 80.000 euros e para os contratos dos demais tipos cuxo valor estimado non exceda os 35.000 euros».

Ao abeiro do anterior, óptase por non solicitar acreditación da solvencia para o presente contrato.

8. Presentación de solicitudes de participación:

a) Data e hora límite: oito días naturais, contados dende o seguinte á publicación do anuncio do DOG, ás 14.00 horas para as ofertas para as ofertas presentadas no Rexistro de GAIN. Para as proposicións enviadas por correo, o anuncio ao órgano deberá enviarse dentro dese mesmo día, a hora límite serán as 23.59 horas, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

O fax para a xustificación da data de envío da oferta e o anuncio ao órgano do dito envío é o indicado no punto I do cadro de características do contrato, dos prego de cláusulas administrativas do contrato (+34 981 54 10 39).

b) Requisitos: na forma indicada na cláusula 6 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: oficina de Rexistro da Axencia Galega de Innovación.

2º. Enderezo: praza de Europa, 10A, 6º B.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

9. Acto público de apertura do sobre B (proposta técnica):

Data e hora: 6.10.2017, 10.00 horas.

Lugar: praza de Europa, 10A, 6º B de Santiago de Compostela.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2017

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación