Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2017 Páx. 42941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización de contratos de obras, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 04, obxectivo específico 04.03.01.

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización dos seguintes contratos de obras:

1. Obra de rehabilitación integral (enerxética e funcional) no CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos (A Coruña), expediente ED 4/17-O.

1.1. Adxudicataria: Ogmios Proyecto, S.L.

1.2. Importe de adxudicación: 355.000,00 € (IVE excluído), o dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 04, obxectivo específico 04.03.01.

1.3. Data de adxudicación: 6 de setembro de 2017.

1.4. Data de formalización do contrato: 7 de setembro de 2017.

2. Obra de rehabilitación integral (enerxética e funcional) no CPI Virxe do Monte de Cospeito (Lugo), expediente ED 5/17-O.

2.1. Adxudicataria: Construcciones Ramírez, S.L.U.

2.2. Importe de adxudicación: 349.229,42 € (IVE excluído), o dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 04, obxectivo específico 04.03.01.

2.3. Data de adxudicación: 6 de setembro de 2017.

2.4. Data de formalización do contrato: 7 de setembro de 2017.

3. Obra de rehabilitación enerxética no CEIP Lagostelle de Guitiriz (Lugo), expediente ED 10/17-O.

3.1. Adxudicataria: Extraco, Construcións e Proxectos, S.A.

3.2. Importe de adxudicación: 473.707,00 € (IVE excluído), o dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 04, obxectivo específico 04.03.01.

3.3. Data de adxudicación: 7 de setembro de 2017.

3.4. Data de formalización do contrato: 8 de setembro de 2017.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2017

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria

missing image file