Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2017 Páx. 42823

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación das obras de mellora da pavimentación da rúa García Olloqui e praza de Compostela.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Nº de expediente: 4829-440.

2. Obxecto do contrato: a execución das obras do proxecto de pavimentación na rúa García Olloqui e praza de Compostela.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 6 meses. Prórroga: non procede.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 1.002.879,99 euros, IVE aplicable pola Administración: 210.604,80 euros. Orzamento total: 1.213.484,79 euros.

5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: si, por un importe do 5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE, cando a oferta adxudicada fose cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada, e fose xustificada adecuadamente.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: posuír a seguinte clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría 4. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: posuír a seguinte clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría 4.

8. Presentación de ofertas. Prazo: rematará aos 13 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 12 de setembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación