Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2017 Páx. 42791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de revogación da subvención concedida polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, relativa ao expediente TR341D 2016/446-1 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e quedan condicionadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado ás persoas interesadas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución de revogación da subvención solicitada.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas dispoñen do prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 6 de setembro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR341D 2016/446-1.

Resolución de revogación da subvención concedida.

Solicitante: Sánchez-Almaden Prieto, Josune.

DNI: 44126355G.

Concello: A Coruña.

Materia: subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

Data da resolución: 11 de xullo de 2017.

Expediente: TR341D 2016/675-1.

Resolución de revogación da axuda solicitada.

Solicitante: López Garea, Sonia.

DNI: 32839499F.

Concello: A Coruña.

Materia: subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

Data da resolución: 11 de maio de 2017.

Expediente: TR341D 2016/892-1.

Resolución de revogación da axuda solicitada.

Solicitante: Pedrouzo Regueira, Antía.

DNI: 79340955V.

Concello: A Coruña.

Materia: subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

Data da resolución: 11 de xullo de 2017.