Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2017 Páx. 42771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. número 252/2017, interposto por María Isabel García Dopico.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela a dilixencia de ordenación do 12 de xullo de 2017, pola que se ordena a remisión do expediente e o emprazamento das persoas que puidesen resultar afectadas pola resolución do recurso contencioso-administrativo P.A. número 252/2017, interposto por María Isabel García Dopico, contra a Resolución do 12 de abril de 2017, pola que se desestima o recurso de alzada contra o Acordo do 15 de decembro de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde de 16 de xullo de 2015.

En consecuencia, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública