Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2017 Páx. 42677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 7 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, polo que se notifica o acordo de inicio da instrución do expediente de responsabilidade patrimonial 13/2016.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos, sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O interesado dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para comparecer nas dependencias da Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2017

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social

ANEXO

Acto de notificación: acordo polo que se comunica o inicio da instrución do expediente de responsabilidade patrimonial 13/2016.

Data do acto: 21.4.2017.

Interesado: Florencio García Arosa.

Órgano competente: secretario xeral técnico.