Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2017 Páx. 42554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato que ten por obxecto a adquisición de equipamentos de corte, separación, elevación e tracción de altas prestacións (excarceración) para tarefas de rescate, cofinanciada nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 05, prioridade de investimento 05.02, obxectivo específico 05.02.01, liña de actuación 40: dotación de equipamento, instalación e infraestruturas de protección civil destinadas á prevención e xestión de riscos derivados de catástrofes naturais e fenómenos relacionados co clima.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=174494. Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web: http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.17.SU.104.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisicición de tres equipamentos de corte, separación, elevación e tracción de altas prestacións (excarceración) para tarefas de rescate.

c) División por lotes e número: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 35112000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto atendendo a varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 109.091,00 €. Importe total: 132.000,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 7 de agosto de 2017.

b) Data de formalización: 28 de agosto de 2017.

c) Adxudicatario: Incipresa, S.A.U.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 108.780,26 €. Importe total: 131.624,11 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2017

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias