Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2017 Páx. 42558

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de nova información pública da modificación puntual 14-01 do Plan xeral de ordenación municipal (muro de La Cerámica) inicialmente aprobada o 9 de xullo de 2015.

O dito expediente sométese a información pública polo prazo de dous (2) meses mediante anuncio no taboleiro de edictos do concello, no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia. Durante o dito período quedará o expediente de manifesto no Departamento de Urbanismo deste concello, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas e tamén na páxina da internet https://sede.concellodobarco.org na sección Exposicións Públicas.

Neste prazo os interesados poderán formular as alegacións que consideren.

Expediente:

Modificación puntual 14-01 do PXOM (muro de La Cerámica).

O Barco de Valdeorras, 25 de agosto de 2017

Alfredo García Rodríguez
Alcalde