Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: recuamento LMTS LOZ807B en Puente Zapal.
Situación: Marín.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 26 metros de lonxitude, con orixe na arqueta existente no tramo LOZ807B (LOZ807B1333) e final na arqueta proxectada no tramo LOZ807B (LOZ807B1332). A instalación está situada na zona da rúa Ponte Zapal, Marín.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, nº 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 21 de agosto de 2017
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra