O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) encomendou o 28 de agosto de 2017 á sociedade Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. a realización dos traballos de posta en marcha e difusión do Observatorio do Solo Empresarial de Galicia e a elaboración de determinados dos seus contidos, de acordo co disposto nos artigos 7, 8 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.
A encomenda terá a natureza de encomenda de xestión intersubxectiva, en canto a que a entidade sociedade Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. ten a consideración de medio propio e instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos establecidos no artigo 9.2 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, e terá un prazo de vixencia ata o 31 de decembro de 2019. Así mesmo, cando razóns de oportunidade debidamente acreditadas no expediente así o aconsellen, poderá procederse á finalización anticipada da encomenda.
Para xeral coñecemento e en cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, disponse a súa publicación.
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2017
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo