Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2017 Páx. 42516

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 28 de agosto de 2017 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Servizo Galego de Saúde.

Mediante Orde do 30 de xuño de 2017 (DOG nº 135, do 17 de xullo) anúnciase a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante no Servizo Galego de Saúde que se detalla no anexo I desa orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada mediante Orde desta consellería do 30 de xuño de 2017 e designar a persoa cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica e que é seleccionada conforme o establecido nas bases da citada convocatoria.

Segundo. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia; de sete días hábiles se comporta cambio de residencia ou de vinte días hábiles cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde a dita data.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, lles fosen concedidos aos/ás interesados/as.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o/a traballador/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2017

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

– Datos do/a funcionario/a:

Apelidos e nome: Antonio García Quintáns.

NRP: 3543737957 AS268.

Corpo/escala/clase: S268-Médico de familia de atención primaria.

Subgrupo: A1.

– Datos do posto de traballo:

Código do posto: SGS030000315770001.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Ordenación Asistencial e Innovación Organizativa.

Dependencia: Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

Localidade: Santiago de Compostela.

Subgrupo: A1.

Nivel CD: 30.

Complemento específico: 18.205,56 €.

Corpo ou escala: 1.2/7/estatutario sanitario.

1.2.: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e administración sanitaria.

7: persoal pertencente a outros corpos ou escalas de carácter sanitario de calquera Administración pública.