1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
c) Obtención da documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2, 3º.
3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.
4º. Teléfono: 988 26 93 33.
5º. Fax: 988 22 14 94.
6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal
d) Número de expediente: 2017020713 (ref. 2461).
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: obras.
b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, das obras do proxecto de renovación da instalación da condución de auga quente desde o pavillón de deportes Os Remedios ata a estación de bombeo (desaugadoiro da fonte das Burgas).
c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.
d) Prazo de execución/entrega: tres meses.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 45231300-8.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:
Oferta económica: ata 100 puntos.
4. Orzamento base de licitación.
a) Valor estimado do contrato: 224.602,32 euros.
b) O tipo de licitación: importe neto: 224.602,32 euros. IVE: 47.166,49 euros. Importe total: 271.768,81 euros.
5. Garantías exixidas.
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 9 (Doc. 4) do prego de condicións.
b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 9 (Doc. 5) de prego de condicións.
7. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.
b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 5 do prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral.
2º. Domicilio: praza Maior, nº 1.
3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.
4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es
d) Prazo de vinculación da oferta: tres (3) meses contados desde a apertura de proposicións.
8. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: Concello de Ourense; praza Maior, nº 1.
b) Localidade e código postal: Ourense 32005.
c) Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante.
9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.
Ourense, 8 de setembro de 2017
Jesús Vázquez Abad
Alcalde