Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2017 Páx. 42419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Gudiña (expediente IN407A 2017/21-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2 32960 Velle, Ourense.

Denominación: reforma da LMT A Gudiña-Penouta 2, SAG702.

Situación: A Gudiña.

Características técnicas:

Instalación dun novo apoio para punto de entronque de derivación particular na LMT (SAG702), LMT aérea de 48 m con condutor LA 110 mm2 e orixe no apoio nº 102 e remate no apoio nº 103 en Gustiande.

Orzamento: 4.627,07 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 23 de agosto de 2017

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Decreto 175/2015, artigo 62.3)
Sofía Rodríguez Rodríguez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
e Xestión Económica de Ourense