Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2017 Páx. 42284

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2017 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por este organismo no segundo cuadrimestre do ano 2017.

En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro),

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2017

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2017

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra (Cosital Pontevedra), para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

4.5.2017

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Xurado de Expropiación de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

26.5.2017

Sen achega económica