Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2017 Páx. 42304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Abadín (expediente IN407A 2017/28-2, 8496 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS entre o CT 941 Vivendas Sociais e o CT 3135 Provecende.

Situación: concello de Abadín.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada a 20 kV baixo tubo, cunha lonxitude de 530 m, con orixe no CT 941 Vivendas Sociais, condutor tipo RHZ1 240 e final no CT 3135 Provecende.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 22 de agosto de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo