Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2017 Páx. 42309

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 4 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2017/155-1 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e quedan condicionadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga 9-1º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles de que, de non interpor recurso no tempo e na forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte ao da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte ao da notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 4 de setembro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente: RL 2017/155-1.

Acta inf. nº: I152017000019557.

Empresa: Manuela Martínez Alvarado.

NIF: 34939669R.

Concello: Santiago de Compostela (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 7.8.2017.

2. Expediente: RL 2017/165-1.

Acta inf. nº: I152017000020062.

Empresa: Pinturas Impermeabeis Ferrol, S.L.

NIF: B15733561.

Concello: Ferrol (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 9.8.2017.

3. Expediente: RL 2017/268-1.

Acta inf. nº: I152017000028146.

Empresa: Meco Solar 5, S.L.

NIF: B70115852.

Concello: Santiago de Compostela (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 23.8.2017.