Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2017 Páx. 42277

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Conforme o establecido no artigo 17 da Orde do 15 de maio de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2017, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 1 de agosto de 2017, de conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 15 de maio de 2017 (DOG núm. 101, do 30 de maio) para a execución de:

– 5 proxectos de acción humanitaria no exterior que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), por un importe global de trescentos mil euros (300.000 €), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2017

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO
Axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior

Nº expte.

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención concedida

PR 811A
2017/5

Médicos del Mundo

Resposta sanitaria e psicosocial ás poboacións beduínas en situación de emerxencia na periferia de Xerusalén (área E1) e área C do Gobernorado de Xericó, Territorios Ocupados Palestinos

73.700,00

70.000,00

PR 811A
2017/4

Fundación Entreculturas Fe y Alegría

Aliviar o sufrimento e reforzar a capacidade de resiliencia das persoas refuxiadas máis vulnerables en Maban (Sur Sudán)

78.792,73

69.950,00

PR 811A
2017/1

Farmacéuticos Mundi

Saúde, xénero e refuxio: garantir a asistencia básica á saúde da poboación refuxiada urbana en Nairobi, con énfases na promoción dos DSR de mulleres e menores de 5 anos. Kenya

53.657,20

49.998,00

PR 811A
2017/2

Fundación Unicef-Comité Galicia

Proporcionar acceso á auga potable e segura ás poboacións máis vulnerables das rexións de Etiopía afectadas pola seca

120.000,00

70.000,00

PR 811A
2017/8

AIDA, Ayuda Intercambio y Desarrollo

Redución da vulnerabilidade das persoas refuxiadas a causa do conflito sirio e da poboación de acollida no Líbano, priorizando as persoas que precisan dunha atención especial

81.916,00

40.052,00

Total convocatoria

408.065,93

300.000,00