Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2017 Páx. 42261

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO do 21 de agosto de 2017 de exposición pública do anteproxecto e de licitación da concesión do servizo de abastecemento de auga potable e saneamento.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, rúa Michelena núm. 30, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: a concesión do servizo de abastecemento de auga potable e saneamento do Concello de Pontevedra.

3. Procedemento e forma: aberto con criterios de dous tipos.

4. Valor estimado: 213.501.225 €, IVE excluído.

5. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación, Concello de Pontevedra, Michelena 30, 36071 Pontevedra. Tfno.: 986 80 43 29. Fax: 886 21 28 43. www.pontevedra.gal.

7. Presentación de ofertas: cláusulas 18 e 19 e anexo ao prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación e apertura de ofertas: segundo se especifica nos pregos.

• Cuantificable por xuízo de valor: proxecto de organización, metodoloxía de xestión e mellora, plan de información e sensibilización (ver o anexo do PCAP).

• Avaliables automaticamente: execución de investimentos, custo unitario total, canon inicial.

Asemade, sométese á información pública o anteproxecto de explotación, incluíndo o estudo de viabilidade, durante un mes, mediante o anuncio no Boletín Oficial da provincia e no perfil do contratante do Concello de Pontevedra. Durante o período de información pública calquera persoa interesada poderá acceder e ver o anteproxecto, incluindo o estudo de viabilidade, así como o expediente de que forman parte e formular cantas alegacións consideren oportunas. Unha vez presentadas as alegacións ou observacións, de ser o caso, a Xunta de Goberno Local resolveraas. Non obstante, a súa presentación non suspenderá a tramitación do expediente de contratación. O anteproxecto de explotación, incluíndo o estudo de viabilidade, poderá consultarse na sede electrónica do Concello de Pontevedra (sede.pontevedra.gal) e o expediente co anteproxecto e estudo estará dispoñible para consulta no Servizo de Contratación do Concello (rúa Michelena 30, primeiro andar, 36071 Pontevedra).

Pontevedra, 21 de agosto de 2017

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde