Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2017 Páx. 42233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves (expediente IN407A 2017/162-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS CD SAL804.

Situación: Salvaterra de Miño e As Neves.

Características técnicas:

– LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ estruturada en seis actuacións:

Actuación 1-2: 1.447 metros; orixe: subestación de Salvaterra; final: paso aéreo subterráneo (PAS) proxectado no apoio existente «C» (C-9000-18).

Actuación 3-4: 2.541 metros; orixe: PAS proxectado no apoio existente «D» (C-9000-18); final: PAS no apoio proxectado nº 15 (HVH-4500-S13).

Actuación 5: 26 metros; orixe: centro de seccionamento, CD SAL804, proxectado; final: PAS no apoio proxectado nº 17 (C-1000-16).

Actuación 6: 223 metros; orixe: PAS no apoio proxectado nº 17 (C-1000-16); final: PAS no apoio proxectado nº 18 (C-1000-16).

– Centro de seccionamento, con celas prefabricadas compactas baixo envolvente metálica, con illamento e corte en SF6, situado no polígono Plisan.

– Retensado dos vans aéreos contiguos aos apoios proxectados nº 15 (HVH-4500-S13), nº 17 (C-1000-16) e nº 17 (C-1000-16).

A instalación está situada no polígono Plisan, nos municipios de Salvaterra de Miño e As Neves.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 21 de agosto de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra