Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2017 Páx. 42215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Teo (expediente IN407A 2017/72-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Maderas Cajaraville, S.L.

Domicilio social: rúa Os Mestres, 6, 15886 Teo.

Denominación: centro de seccionamento e paso de liña de subministración en AT de punta a bucle.

Situación: rúa Os Mestres, 6, 15886 Teo.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada con inicio e fin na liña de distribución PAD801, entre o CT 15CKSQ e o CT 15CBNM, logo de entrar e saír no CS proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20kV 3(1×95 mm2), Al, lonxitude 270+270 m.

Centro de seccionamento en caseta independente. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores (24 kV, 400 A, 16 kA).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 30 e 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 10 de xullo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña