Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2017 Páx. 42202

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2017 pola que se substitúen varios membros da Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

A Orde do 21 de febreiro de 2008 (DOG nº 45, do 4 de marzo) pola que se crea a Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social establece no seu artigo 1 a creación da dita comisión como órgano colexiado asesor da Comisión Territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social da Comunidade Autónoma de Galicia.

Concretamente no seu artigo 2 establécese a composición e o procedemento de designación das persoas membros da Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Producidos cambios na organización empresarial Confederación de Empresarios de Galicia- CEG e nas organizacións sindicais Confederación Intersindical Galega CIG e Sindicato Nacional de Comisións Obreiras CC.OO., e conforme o previsto no artigo 2.4 da devandita orde realízanse as propostas de nomeamento das persoas titulares e suplentes por parte das anteditas organizacións empresariais e sindicais.

En consecuencia, no exercicio das atribucións conferidas de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo único. Substitución de vogais

1. Nomear como vogal da Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia, por proposta da organización empresarial, a persoa que se relaciona a continuación:

– Pola Confederación de Empresarios de Galicia-CEG.

Titular: Marina Graña Bermúdez.

2. Nomear como vogais da Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia, por proposta das organizacións sindicais, as persoas que se relacionan a continuación:

– Por proposta da Confederación Intersindical de Galicia-CIG.

Titular: Francisco X. Cartelle Pérez.

Suplente: Francisco Xavier González Sio.

– Por proposta do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras-CC.OO.

Titular: Maica Bouza Seoane.

Suplente: Carmen Adela Sabio Sanz.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria