Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento da folla de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Muxía II, no concello de Muxía (expediente IN661A 2007/2-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 31 de agosto de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN661A 2007/2-1.
Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.
Denominación da instalación: parque eólico Muxía II.
Concello: Muxía.
Predio |
Lugar |
Titular proposto/a |
Data de ocupación |
820 |
Monte Redondo |
Lourdes Rodríguez Blanco |
16.8.2017 |
830 |
Queimada |
Heberildo Pazos Sol |
16.8.2017 |