Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Muxía I, no concello de Muxía (expediente IN661A 2004/9-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 1 de setembro de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN661A 2004/9-1.
Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.
Denominación da instalación: parque eólico Muxía I.
Concello: Muxía.
Predio |
Lugar |
Titular proposto/a |
Data de ocupación |
905 |
Prado de Serra |
Francisco Rodríguez Vázquez |
16.8.2017 |
1179 |
Campo da Serra |
Generosa Graíño Calo e outros |
16.8.2017 |