Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2017 Páx. 42115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 25 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza para o trámite de audiencia a persoa interesada no procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2013/0054).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázase para o trámite de audiencia a persoa mencionada no anexo, procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, expediente LU-2013/0054, porque non foi posible realizar a notificación persoalmente.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días a partir da publicación deste anuncio para presentar por escrito as alegacións, documentos e/ou xustificacións que considere pertinentes.

Pode consultar o expediente mencionado na sede da Xefatura Territorial de Lugo, na rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 25 de agosto de 2017

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/Pasaporte

LU-2013/0054

Catriel Pehuen Muriel

39596971