1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 2017/PA/0076.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o desenvolvemento de sistemas de información vinculados á xestión pesqueira para a promoción, mellora da comercialización e da rastrexabilidade dos produtos pesqueiros, con tres subproxectos (lotes):
– Mantemento, soporte e promoción de sistemas de información e ferramentas xa existentes (lote 1).
– Desenvolvemento, soporte e mantemento de novos sistemas de información (lote 2).
– Portais, aplicacións para dispositivos móbiles e ferramentas de comunicación social para o apoio das distintas campañas de promoción de produtos do mar (lote 3).
b) División por lotes e número: si, 3.
c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 26 meses contados a partir do 1 de novembro de 2017. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución rematará o 30 de novembro de 2019.
d) Admisión de prórroga: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto harmonizado.
4. Valor estimado: 977.975,21 € (sen IVE), dividido segundo os lotes:
– Lote 1: 372.768,59 €.
– Lote 2: 483.719,01 €.
– Lote 3: 121.487,61 €.
5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 651.983,47 €, máis 139.916,53 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 788.900,00 €, que se distribúe nas seguintes anualidades segundo os lotes:
– Lote 1: mantemento, soporte e promoción de sistemas de información e ferramentas xa existentes.
2017: 33.057,85 € + IVE (6.942,15 €) = 40.000 €.
2018: 114.545,45 € + IVE (24.054,55 €) = 138.600 €.
2019: 100.909,09 € + IVE (21.190,91 €) = 122.100 €.
Total: 248.512,39 € + IVE (52.187,61 €) = 300.700 €.
– Lote 2: desenvolvemento, soporte e mantemento de novos sistemas de información.
2017: 20.661,16 € + IVE (4.338,84 €) = 25.000 €.
2018: 150.909,09 € + IVE (31.690,91 €) = 182.600 €.
2019: 150.909,09 € + IVE (31.690,91 €) = 182.600 €.
Total: 322.479,34 € + IVE (67.720,66 €) = 390.200 €.
– Lote 3: portais, aplicacións para dispositivos móbiles e ferramentas de comunicación social para o apoio das distintas campañas de promoción de produtos do mar.
2017: 16.528,93 € + IVE (3.471,07 €) = 20.000 €.
2018: 32.231,40 € + IVE (6.768,60 €) = 39.000 €.
2019: 32.231,40 € + IVE (6.768,60 €) = 39.000 €.
Total: 80.991,74 € + IVE (17.008,26 €) = 98.000 €.
6. Garantía provisional: non se exixe.
7. Obtención da documentación e da información.
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=195837
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
8. Requisitos específicos do contratista.
Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 16 de outubro de 2017, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
Entidade: Rexistro da Amtega.
Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
10. Apertura das ofertas: o lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.
11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 5 de setembro de 2017.
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2017
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia