Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2017 Páx. 42018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2017 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos de execución das obras públicas hidráulicas que se citan non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciadas nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a Plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto dos contratos: obra.

a) Descrición: actuacións de saneamento nos concellos integrantes do Consorcio da Auga do Louro. Ramal de Reublín. Mos (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.1112.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 248, do 29 de decembro de 2016.

Orzamento base de licitación:

Importe neto: 412.997,00 euros. Importe total: 499.726,37 euros.

Data de adxudicación: 13 de xullo de 2017.

Importe de adxudicación:

Importe neto: 317.600,00 euros. Importe total: 384.296,00 euros.

Data de formalización do contrato: 3 de agosto de 2017.

Contratista: Construcciones Cernadas, S.L.

b) Descrición: actuacións de saneamento nos concellos integrantes do Consorcio da Auga do Louro. Ramais de Pedraúcha e Atín-Cela. Mos (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.1116

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 19, do 27 de xaneiro de 2017.

Orzamento base de licitación:

Importe neto: 213.589,52 euros. Importe total: 258.443,32 euros.

Data de adxudicación: 10 de agosto de 2017.

Importe de adxudicación:

Importe neto: 160.512,52 euros. Importe total: 194.220,15 euros.

Data de formalización do contrato: 24 de agosto de 2017.

Contratista: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

c) Descrición: saneamento dos núcleos das Ermitas, O Couto e Leirado. Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.1106

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 19, do 27 de xaneiro de 2017.

Orzamento base de licitación:

Importe neto: 299.997,05 euros. Importe total: 362.996,43 euros.

Data de adxudicación: 2 de agosto de 2017.

Importe de adxudicación:

Importe neto: 229.497,74 euros. Importe total: 277.692,27 euros.

Data de formalización do contrato: 17 de agosto de 2017.

Contratista: Coviastec, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2 anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) Galicia 2014-2020. As actuacións enmárcanse dentro do Programa de Desenvolvemento Rural na Medida 07: servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais. Submedida 7.2: apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía. Prioridade 6 de Desenvolvemento Rural: fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.

4. Outras informacións.

As adxudicacións dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia