Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2017 Páx. 42035

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Palas de Rei

ANUNCIO de delimitación do solo do núcleo rural de Valos.

Unha vez aprobado inicialmente, por acordo do Pleno do día 23 de febreiro de 2017, o proxecto de delimitación de solo de núcleo rural de Valos, na parroquia de Lestedo, no Concello de Palas de Rei, de acordo co artigo 78 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública por un prazo de 2 meses, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e El Progreso.

Durante ese prazo, calquera interesado poderá examinalo nas dependencias municipais para formular as alegacións que considere pertinentes.

Palas de Rei, 12 de xullo de 2017

Pablo José Taboada Camoira
Alcalde