Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2017 Páx. 42009

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2017 pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, de servizos relativos aos traballos preparatorios necesarios para cada fase do proceso de reestruturación parcelaria (artigo 3.a) da Lei 4/2015, cofinanciado con fondos Feader do período 2014-2020 nun 75 % (expediente 43/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición do obxecto: proxecto de colaboración de servizos técnicos para a realización do acordo de reestruturación parcelaria e colocación dos marcos dos novos predios resultantes en 14 zonas en proceso de reestruturación parcelaria.

c) División por lotes e número: si, catorce.

Lote 1

ST-5056

Vilantime (Arzúa-A Coruña)

Lote 2

ST-5036

Dodro-Laíño II (Dodro-A Coruña)

Lote 3

ST-5055

Trazo (Trazo-A Coruña)

Lote 4

ST-5054

San Vicente de Curtis (Vilasantar-A Coruña)

Lote 5

ST-5050

Barbeito (Vilasantar-A Coruña)

Lote 6

ST-5178

San Tomé (Cartelle-Ourense)

Lote 7

ST-5179

Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga e Vilar de Santos-Ourense)

Lote 8

ST-5180

San Bartolomeu de Berrande (Vilardevós-Ourense)

Lote 9

ST-5202

Perdecanai-Barro II (Barro-Pontevedra)

Lote 10

ST-5207

Oubiña 2º sector (Cambados-Pontevedra)

Lote 11

ST-5206

Noceda-Bendoiro-Anzo-Madriñán-Busto (Lalín-Pontevedra)

Lote 12

ST-5205

Val-Bermés-Sello (Lalín-Pontevedra)

Lote 13

ST-5203

Romai (Portas-Pontevedra)

Lote 14

ST-5204

Val de Camba (Rodeiro-Pontevedra)

d) Prazo de execución: dezaoito (18) meses a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato, sen prórroga (ou do prazo menor ofertado polo adxudicatario), agás para o lote 10 que é de doce (12) meses.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 71300000-1.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito á regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: prezo máis baixo.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 3.069.479,16 €, IVE (ao 21 %): 644.590,62 €. Importe total: 3.714.069,78 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 3.069.479,16 €.

5. Financiamento: cofinanciado con fondos Feader nun 75 % (medida 4.3), o 17,5 % a administración da Comunidade Autónoma de Galicia a través da Consellería do Medio Rural e o 7,5 % a Administración xeral do Estado a través do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: os licitadores deberán acreditar a súa solvencia de conformidade co disposto nos puntos F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas: definitiva: 5 % orzamento de licitación do lote correspondente, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, CP 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 48 e 981 54 57 37 (consultas administrativas); 981 54 47 67 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=190453.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 25 de setembro de 2017.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 6 de outubro de 2017.

11. Gastos de publicidade: os custos do anuncio no DOG e no BOE serán por conta dos adxudicatarios.

12. Outras informacións: poderase licitar a varios lotes conxuntamente (a un máximo de 5, tendo en conta o establecido no cadro de características deste prego).

13. Data de envío do anuncio ao DOUE: 17 de agosto de 2017.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural