No uso das competencias atribuidas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación do acordo de inicio de reintegro no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que, no prazo de dez (10 días) contados desde o seguinte ao da data de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo; rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquela. Advírtese que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para alegar o que máis conveña aos seus intereses no prazo de quince (15 días), que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra.
Pontevedra, 30 de agosto 2017
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
1. N.º de expediente de reintegro: Reint. 2017/013-5.
Nº de expediente de xestión: TR 341O 2014/245-5.
Nome: Cabaleiro Pino, Lorena.
NIF: 35577160R.
Último enderezo coñecido: Ador, nº bloque 3, 3º J, 36470 Salceda de Caselas (Pontevedra).
Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.
Norma reguladora: Orde do 14 maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo de mozos menores de 30 anos, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.
Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de dous anos.
Precepto infrinxido: artigo 13.b) da dita Orde do 14 maio de 2014.
Contido do acordo: inicio do procedemento de reintegro total.
Data do acordo: 21.6.2017.