Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2017 Páx. 41987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 21 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de implantación dunha explotación avícola de ceba, sita no concello de Melide (A Coruña), promovido por Avicentro Melide, S.L. (clave 2017/0038).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 18 de agosto de 2017, relativo ao proxecto de implantación dunha explotación avícola de ceba, sita no lugar da Chousa do Queitán, no concello de Melide (A Coruña), promovido por Avicentro Melide, S.L.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático