Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2017 Páx. 41989

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 24 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para a clasificación de solo urbanizable e ordenación detallada do sector en Areosa-Queixas, concello de Cerceda (expediente 2017AAE2062; código 1960/2017).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 23 de agosto de 2017, sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para a clasificación de solo urbanizable e ordenación detallada do sector na Areosa-Queixas, concello de Cerceda.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático