Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2017 Páx. 41843

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no segundo cuadrimestre do ano 2017.

Para os efectos previstos no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) no segundo cuadrimestre do ano 2017 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº: 1.

Título: Convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), o Concello de Ourense e a Fundación Centro Tecnológico de Eficiencia y Sostenibilidad Energética (Energylab), para a elaboración do anteproxecto Ecourense-proxecto integral de aforro e eficiencia enerxética no concello de Ourense.

Obxecto: comprende diversas liñas de actuación a nivel de edificios, alumeado público, mobilidade sostible, de xeración de enerxía a partir de fontes renovables e a implantación de sistemas de control e xestión intelixentes.

Sinatura: 21 de xuño de 2017.

Importe: 63.817,82 €.

Nº: 2.

Título: Convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), e a Fundación Sotavento Galicia, para a realización de actuacións de impulso e divulgación en materia de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética no parque eólico experimental Sotavento.

Obxecto: establecer as bases da colaboración entre o Inega e a Fundación Sotavento Galicia para a realización de actividades coa finalidade de impulsar e divulgar as enerxías renovables e o aforro e eficiencia enerxética, así como difundir o carácter experimental e de demostración con que están concibidas as instalacións do parque eólico experimental Sotavento, para a divulgación deste tipo de tecnoloxías entre a colectividade.

Sinatura: 12 de xullo de 2017.

Importe: 20.000 €.

Nº: 3.

Título: Convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), o Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGCC) e a Fundación Sotavento Galicia, para a realización en concellos galegos e mediante redes sociais dunha actividade formativa práctica centrada no aforro e eficiencia enerxética no fogar, con esencial incidencia en conseguir o maior aforro posible na factura eléctrica.

Obxecto: establecer as bases da colaboración entre o Inega, o IGCC e a Fundación Sotavento Galicia para a continuación da campaña Dálle luz á túa factura, que se iniciou nos anos 2014, 2015 e 2016 coa finalidade de información sobre a facturación de enerxía eléctrica e asesorar os consumidores sobre medidas de aforro e de eficiencia enerxética.

Sinatura: 12 de xullo de 2017.

Importe: 70.000,00 euros.

Nº: 4.

Título: Convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Semana Verde de Galicia para a celebración da segunda edición da feira da enerxía.

Obxecto: establecer as condicións de colaboración entre o Inega e a Fundación Semana Verde de Galicia encamiñadas á organización no vindeiro ano 2018 da segunda edición da feira de carácter monográfico de enerxía que ten por obxectivo a promoción e potencialización dos principais sectores enerxéticos: o Gas Natural Licuado (GNL), as enerxías renovables clásicas: hidráulica, eólica e solar, as novas enerxías renovables: aerotérmica, xeotérmica e o autoconsumo enerxético.

Sinatura: 14 de xullo de 2017.

Importe: 57.310,00 euros.