1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica (Servizo de Contratación).
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
4º. Teléfono: 981 54 55 22 e 981 54 55 23.
5º. Fax: 981 54 01 18.
6º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.gal
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante
8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de solicitudes de participación.
d) Número de expediente: 2017_009_SXT.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración de gas natural canalizado e gas natural licuado aos centros de consumo da Redexga.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, dous lotes.
Lote 1: inspeccións de eficiencia enerxética e subministración de gas natural canalizado (GN) aos centros de consumo da Redexga.
Lote 2: subministración de gas natural licuado aos centros de consumo da Redexga.
d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Prazo de execución/entrega:
Inspeccións de eficiencia enerxética incluídas no lote 1: deberán estar finalizadas e facturadas antes do 31 de decembro de 2017.
Subministración de gas natural canalizado (GN) e de gas natural licuado (GNL) aos centros de consumo: 2 anos a partir da data que se estableza para este efecto nos respectivos documentos de formalización, tomando como data prevista para o inicio da subministración o 1 de xaneiro de 2018.
f) Admisión de prórroga: si, ata un máximo de dous anos.
g) Establecemento dun acordo marco: non.
h) CPV (referencia de nomenclatura): 09123000-7.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: negociado con publicidade e suxeito a regulación harmonizada.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: o sinalado na cláusula L da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).
4. Valor estimado do contrato: 87.162.454,37 euros.
5. Orzamento base de licitación.
a) Lote 1: importe neto 27.716.723,57 euros. Importe total 33.537.235,52 euros.
b) Lote 2: importe neto 1.643.261,06 euros. Importe 1.988.345,88 euros.
6. Garantías exixidas.
Provisional: non se exixe.
Definitiva: non se exixe.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.
c) Outros requisitos específicos: non.
d) Contratos reservados: non.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 29 de setembro de 2017.
b) Modalidade de presentación: no prazo indicado no punto anterior presentarase o sobre A coa solicitude de participación e a documentación que se sinala no apartado 6.2.A) do PCAP.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.
2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.gal
d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar para presentaren ofertas: invitaranse todas as empresas que demostren a súa capacidade e solvencia para a execución do contrato (documentación do sobre A correcta e completa) de acordo coas condicións establecidas no PCAP.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata o prazo máximo de resolución do procedemento.
9. Apertura de ofertas.
a) Descrición:
Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.
Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos; é dicir, cuantificable mediante a aplicación de fórmulas.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Data e hora: indicarase no perfil do contratante a data e a hora da apertura do sobre B.
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG). A publicación no Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), polo seu carácter gratuíto, non orixinará gasto para o adxudicatario.
11. Data de envío do anuncio ao DOUE: 31 de agosto de 2017.
12. Outras informacións.
Poden obterse os pregos na páxina:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=194222
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2017
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016; DOG núm. 131)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria