De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-CO-1355/2016-PPM e tres máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e as informacións que xulgue oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.
A Coruña, 22 de agosto de 2017
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente |
Interesado/a |
DNI/NIF/NIE |
Acto que |
Enderezo |
PSC-CO-1355/2016-PPM |
José Ramón Sánchez Sánchez |
44844995D |
Proposta |
Espiñeira, 22, Boiro |
PSC-CO-0107/2017-PRE |
José Santos López |
33783285B |
Proposta |
Santo Antón, 2, portal D, Culleredo |
PSC-CO-0661/2017-PPM |
Pesquera Carballa, S.L. |
B70284153 |
Proposta |
Rafael Dieste, 6, 1º I, Ribeira |
PSC-CO-0685/2017-TRA |
Rosa María Castaño Barreiro |
35422702B |
Proposta |
Cordeiro, 50, Valga |