Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2017 Páx. 41797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 10 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican requirimentos de emenda de solicitudes efectuados no procedemento BS210A.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal dúas veces, notifícaselles ás persoas interesadas dos requirimentos de emenda de solicitudes efectuados no procedemento instado polas persoas interesadas, relativos aos expedientes relacionados no anexo.

As persoas interesadas poderán comparecer, para teren coñecemento íntegro deste acto e achegaren a documentación solicitada, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Consellería de Política Social, sitas na Praza da Estrela, s/n, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 24 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e o dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. En caso contrario, entenderase que desisten da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.

Vigo, 10 de agosto de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/
Nº de expediente

Apelidos e nome

(DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do requirimento

BS210A

VI-00000057582

Iglesias Barreiro, Juan Carlos

(35297461M)

Requirimento de emenda

23.12.2016

BS210A

VI-0000057799

De los Ángeles Palhas, María Azucena

(45686746Y)

Requirimento de emenda

5.6.2017

BS210A

PO-0000060304

Jurado Alcalá, Manuela

(30173457X)

Requirimento de emenda

29.5.2017