1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Montaxe e Equipamento.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.
3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4º. Teléfonos: 881 54 27 66/881 54 27 68.
5º. Telefax: 881 54 86 11.
6º. Data límite de obtención de documentos e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.
7º. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es.
d) Número de expediente: AB-SER2-17-011.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: subministración.
b) Descrición do obxecto: subministración de cadeiras de rodas con destino a diversas unidades ambulatorias e hospitais de día do Servizo Galego de Saúde.
c) División por lotes e número: lote único.
d) Lugar de entrega da subministración: centros indicados no anexo VI do PCAP.
e) Prazo máximo de entrega: vinte días naturais desde a formalización do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: baseada na pluralidade de criterios.
4. Valor estimado do contrato: 208.750,00 €.
5. Orzamento base de licitación:
Orzamento sen IVE: 208.750,00 €.
Orzamento con IVE: 252.587,50 €.
6. Garantías:
a) Garantía provisional: non se exixe.
b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Solvencia técnica: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día de presentación coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación das ofertas, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
f) Admisión de ofertas conxuntas: non se admiten.
g) Outras informacións: toda a información relativa ao expediente farase pública na páxina web que se cita neste anuncio.
9. Apertura das proposicións: a data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C (acto público) publicarase no perfil do contratante, www.sergas.es.
10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo está indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.
Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2017
María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos