Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2017 Páx. 41758

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017.

En virtude da Resolución do 16 de xuño de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública (Diario Oficial de Galicia núm. 119, do 23 de xuño), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 69, do 7 de abril.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de reclamacións sobre as ditas listaxes, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes definitivamente excluídas que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos.

Para a devolución do importe ingresado por aqueloutras persoas aspirantes que non fixeron constar eses datos, e figuren nesta resolución como excluídas, será necesaria a presentación dun escrito en que faga constar o número de conta (24 díxitos), a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas solicitantes admitidas provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas

Promoción interna.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Rodríguez Tenreiro, María Luz

32630133X

16

Acceso libre.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Carrero Chavarrias, Sonia Isabel

46811444G

17, 20, 58

Casas Pedreira, Noemí

44037756R

17, 20, 58

Fernández Fondevila, Guadalupe

44089731L

16

Goes Martínez, Ariane

39457852H

13

López Adrio, Maruxa

44075604Z

16

Márquez López, Agustín

33246383K

17, 20, 58

Penelas Calaza, Rocío

34278801S

43

Pintos Costa, Nieves

35450694N

17, 20, 58

Reimúndez Baquerín, José Juan

32811652J

25, 61

Ruiz Espinar, Sandra

70521779F

17, 20, 58

Silva Fernandes, Nathanny

32925599H

17, 20, 58

Código

Descrición

13

Documentación xust. exen. taxas fóra de prazo

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

17

Doc. xustif. demandante emprego 6 meses antes convocatoria non presentado

20

Taxas non aboadas

25

Doc. xust. demand. emprego 6 meses antes conv. non cotexado

43

Desistencia da solicitude

58

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado

61

Doc. xust. non percibir prest. ou subs. desemprego non cotexado